Contact

×
Name:
Email:
Message:
Background image

héctor anllo

Profile

Héctor Anllo Yebra

estudante de Publicidade e Relacións Públicas
Publishing | Lugo Area, Spain, ES

Experience

  • Aug 2009 - Present

    Membro do colectivo creativo / Proxecto-ds

  • Oct 2008 - Jan 2010

    Co-fundador e deseñador / galizaID

    Co-fundador de galizaID xunto con Fran Diéguez e Andrés Milleiro. Encargado tamén da parte gráfica da aplicación, ou como din os meus compañeiros, dos 'colorinchis'
  • Aug 2007 - Feb 2008

    Editor / Blogueiros

    Editor de Trebellos, o primeiro blog comercial en galego, adicado ás novas tecnoloxías

Education

  • 2008 - 2012

    Universidad de Vigo

    Licenciado in Publicidade e Relacións Públicas
    Activities: Resaca das Letras 2009
  • 2002 - 2008

    IES da Terra Chá 'Xosé Trapero Pardo'

    Educación Secundaria e Bacharelato
    Activities: Consello Escolar, Mirando da Lingua, Revista Lucerna
  • 1993 - 2002

    CEIP Ramón Falcón

    Educación Infantil e Primaria

Additional information

Websites:

Posts

Recent tracks

Top tracks

Posts

  • February 28, 05:46 PM

    viaxe

    1 s f Acción e efecto de viaxar.
    2 s f Pecorrido que se realiza nun medio de transporte ao desprazarse dun lugar a outro.
    3 s f Cada unha das veces que se vai e vén, dun lugar a outro, para transportar algo ou a alguén.
    4 s f Carga que se pode transportar dunha soa vez.
    5 s f col Cantidade de comida ou bebida que se inxire dunha soa vez.

    logo dun exitoso e agobiante primeiro cuadrimestre, necesitaba un descanso. Londres foi o destino escollido, con acerto. os días, chuviosos, fixéronseme moi curtos. haberá que volver. agora toca volver ao choio
  • January 16, 06:35 PM

    vinte

    1 num card Dezanove máis un.
    2 num card Que ocupa o número vinte nunha serie. Tm s m.
    3 s m Representación gráfica deste número. OBS: Os numerais desta decena van seguidos da conxunción e (vinte e un, vinte e dous...).

    comezo cos patiños. terei que ir pensando onde poñer o estanque.
  • December 21, 10:19 AM

    vacacións

    1 s f Suspensión temporal dunha actividade laboral ou escolar dedicada ao descanso.
    2 s f Tempo que dura esta suspensión. OBS: Adoita empregarse en plural.

    teño tres semanas fóra de Pontevedra para coller uns quiliños de cara ao 2010, para coller forzas para os exames e para concienciarme sobre a crise dos 20. o de suspensión da actividade laboral ou escolar no meu caso non se aplica.
  • December 02, 09:17 AM

    manifesto

    1 adx Que se ve ou se aprecia con claridade, sen que haxa lugar a dúbida.
    2 adx RELIX Aplícase ao Santísimo Sacramento cando se expón para a adoración dos fieis.
    3 s m
    1 Escrito en que se manifesta algo.
    2 SOCIOL Documento en que un goberno, partido ou grupo dá a coñecer unha ideoloxía, idea, pensamento ou propósito.
    3 DER Documento que debe presentar na aduana o capitán dun barco en que consta a relación da carga polo miúdo.

    aínda que a tecnoloxía estes últimos días se portara moi mal comigo, se cadra por cousas do karma, tiña que unirme ao manifesto que está desde esta mañá en tódalas webs escribindo no blog por primeira vez desde a nova central tecnolóxica deste adolescente fluorescente.
  • November 24, 07:48 PM

    noite

    1 s f Intervalo de tempo que transcorre entre a fin do crepúsculo vespertino e o comezo do crepúsculo matutino.
    2 s f Escuridade durante ese tempo.

    en inverno os días son noite. noite pronto. ganas de durmir. cansazo, kleenex, bolsas de auga quente, bufandas, guantes, mantiña, camiña. agocharse no nórdico. escoitar cancións melancólicas. remolonear. erguerse tarde.
    hoxe, cun sorriso de orella a orella, cun kleenex na man e un frenadol no corpo, permítome unha noite así
  • November 05, 07:53 AM

    impreso

    1 p irreg imprimir.
    2 adx Que se presenta por medio de impresión.
    3 s m Folla impresa, que se usa xeralmente como medio de propaganda ou como formulario.

    é o que acabo de entregar hai nada. o primeiro traballo importante do curso. a imaxe corporativa gráfica dunha editorial. horas de illustrator. horas de imprenta. mareos. dores de cabeza. cabreos. e todo por unha entelequia, algo que, verdadeirmente non existe.
    vrap custoume suor e se cadra algunha dioptría. entregueino impreso, pero tamén o teño en pdf, para deixar constancia de quen é o seu autor.
  • October 16, 07:07 PM

    cansazo

    1 s m Diminución do vigor físico ou da capacidade mental a consecuencia dalgunha actividade
    2 s m Sensación de molestia provocada por algunha cousa ou persoa persistente, repetitiva ou sen de interese

    quinta semana do curso e xa estou moi canso. é o horario. este maldito horario que me mantén, no caso dos mércores, nove horas ininterrompidas dando clase. a ver canto tempo aguanto con este ritmo. a isto únenselle os traballos, os deberes a algún que outro traballiño, pero... sarna con gusto non pica [tanto]
  • September 18, 10:59 AM

    limpo

    1 p irreg limpar
    2 adx Que non ten manchas nin sucidade
    3 adx Que ten o hábito ou o costume da limpeza
    4 adx Que non ensucia, dana ou contamina
    5 adx Que está libre de algo
    6 adx Que non ten alteracións
    7 adx Que está despoxado do que lle sobra ou do que non serve
    8 adx Que está ben feito
    9 adx Que segue as regras fixadas
    10 adx col Que ten horadez ou decencia
    11 adx Que perdeu os cartos ou que quedou sen nada
    12 adx Aplícase á cantidade de cartos libres de impostos ou deducións
    13 s m Fondo mariño e fluvial que non presentan perigo para a navegación
    14 adv Con limpeza

    libre de materias pendentes. primeiro limpo coma unha patena. luns comeza segundo. novas aventuras, personaxes que volven inesperadamente, novatadas, botellóns... moi pronto, fluorizamos Pontevedra
  • September 10, 06:27 AM

    piso

    1 s m Superficie sobre a que se camiña
    2 s m Parte de abaixo do calzado
    3 s m
    1 Cada unha das divisións horizontais dun edificio que están a diferente nivel
    2 Cada un dos apartamentos que, nun edificio, son alugados ou vendidos por separado aínda que estean á mesma altura
    4
    1 s m Cada unha das capas en que se dispón unha cousa
    2 piso estratigráfico XEOL => estrato

    as miñas aventuras pontevedresas cambiaron de escenario. todos ao alcance da man, non a golpe de chamada polo teléfono interno do edificio, pero como moito a tres minutos andando uns dos outros. unhas teñen un dúplex, outras un ceo inmobiliario, outras comparten bloque cos das gaivotas e outros un 5ºC. os conxelados e precociñados son os meus aliados
  • September 01, 07:31 AM

    setembro

    s m Noveno mes do ano que ten 30 días e no antigo calendario romano era o sétimo dos meses

    30 días de cambios que se poden expresar con números. da 201 ao 5ºC [d'A Peregrina a piso], de 1º a 2º [Publicidade e Relacións Públicas] e... de 1 a 0 [materias pendentes]? se cadra este mes aínda me garda máis sorpresas
  • August 12, 12:35 PM

    proxecto

    1 s m Idea de algo que se pensa facer e de cómo facelo
    2 s m ARQUIT/ENX Conxunto de planos e de documentos explicativos que dan todos os datos técnicos e todas as vistas de elementos ou de conxunto necesarias para que se poida realizar unha obra
    3
    1 s m Primeira redacción dun texto
    2 proxecto de lei DER Texto de lei que o goberno elabora e que, de cara á súa aprobación, se somete ao Parlamento

    fágoo oficial. ficháronme para o proxecto-ds. eu encantado!
  • August 08, 11:56 AM

    prensa

    1 s f
    1 TECNOL Máquina constituída por dous elementos planos ou cilíndricos, dispostos de tal maneira que se poden xuntar entre elas e apertar unha cousa
    2 IND Ferramenta empregada polos carpinteiros para suxeitar fortemente unha peza de madeira encolada ou para suxeitar ao banco a peza que han traballar
    3 TÉXT Mecanismo dalgúns sistemas de urdidoiras e das máquinas de parar que serve para conseguir as pregadoras cheas de urdido co fío ben premido
    4 TECNOL/GRÁF Nome xenérico de todas as máquinas de imprimir
    2
    1 s f PUBLIC Conxunto de publicacións impresas de carácter informativo, especialmente os diarios e outros periódicos
    2 s f COMUN Conxunto de persoas que se dedican ao xornalismo
    3 prensa clandestina PUBLIC/ POLÍT Publicacións editadas á marxe da legalidade vixente, normalmente en épocas de anormalidade democrática

    os ataques dos hackers fixeron que conseguise unha das miñas primeiras aparicións propias na prensa. está ben iso de que che pidan unha entrevista por twitter, aínda que che chamen adicto diante de todo o país. como serán as clínicas de desintoxicación twitteril?
  • July 30, 01:45 PM

    cartel

    1 s m ARTE/GRÁF Peza de papel, plástico, tea ou calquera outro material, manuscrita ou impresa con imaxes e textos publicitarios, que se fixa en lugares públicos para anunciar algunha cousa
    2 s m DER Convención pactada entre países belixerantes co fin de regular, durante a guerra as comunicacións postais e telegráficas, o trato e o intercambio de prisioneiros ou o comercio entre os seus súbditos
    3 s m PESCA Cada unha das pezas da rede que se unen entre si ou con outras pezas e que forman parte de diversas artes de pesca

    unha das miñas loitas particulares é contra o criterio estético establecido na maioría da poboación do noso país. miña nai insísteme en que vai ser imposible, pero eu son teimudo. algún día os cartaces só con letras en branco e negro [especialmente arial ou times new roman] serán desprezados e substituídos por outros con máis imaxes e máis cores, sen desprezar as letras. o meu último traballo mudou con toda a gráfica dos anos anteriores. non o rexeitaron, e sorprendeume. avanzamos a pasos pequenos, pero avanzamos
  • July 29, 07:50 AM

    seguidor

    1 adx Que segue ou persegue algo ou a alguén. Tm s.
    2 adx Que continúa algo que outro comezou ou fixo anteriormente. Tm s.
    3 adx Que actúa ou pensa seguindo a doutrina, as ideas ou a conduta propias doutra persoa ou entidade. Tm s.

    o dicionario aínda non ten entradas para definir os seguidores en redes sociais, pero por parecido escollo a primeira e case riscaría a terceira. para min os seguidores non son só un numeriño, nin bots. tampouco deberían seguir a miña doutrina e converterse nos meus clons. e que non pensen me van converter nun clon seu. algúns, como non me dan levado ao rego, bloquéanme. eles saberán o que perden
  • July 19, 07:56 AM

    nube

    1 s f
    1 METEOR Agregado de diminutas gotas de auga ou de partículas de xeo suspendidas no aire, que se constitúe cando o aire atmosférico cargado de vapor de auga é arrefriado ata acadar o punto de rosada
    2 Masa compacta de fume, polvo ou outro elemento semellante en forma de nube
    2 s f Conxunto numeroso de persoas, animais ou cousas que están en movemento
    3 s f Calquera cousa que nubra a vista, que ofusca a intelixencia ou que altera a serenidade
    4 FÍS
    1 Conxunto de electróns que orbitan arredor do núcleo dun átomo
    2 Conxunto de electróns que, nun tubo electrónico, se atopan ao redor dun cátodo incandescente e provocan a aparición dunha carga espacial
    5 ASTRON Concentración densa de gas e po interestelar
    6 FÍS Nube de partículas radioactivas que se forma tras a explosión dunha bomba nuclear

    elas son as que me impiden achegarme á praia, tomar o sol, ir a sacar fotos por aí ou botarme un baño no río. pero supoño que algún día marcharán, virá o sol... e chegará o verán para min
  • July 19, 07:56 AM

    nai

    1 s f Muller ou femia que tivo fillos

    a miña tivo dous e estivo onte de aniversario. a champaña e os chocolates inundaron a casa, á que tamén chegou algún que outro agasallo. e a miña tamén me fai ler libros. moitos. así que para que non me siga insistindo, hoxe comezo co primeiro da triloxía de Larsson
  • July 19, 08:00 AM

    vermú

    1 s m ALIM Bebida aromatizada con substancias vexetais que lle dan sabor amargo cun grao alcólico de 15 a 20º
    2 s m Conxunto de alimentos e bebidas que se toman antes de comer

    a festa do pobo trouxo elixires etílicos e doces. os vermús foron a escusa para poñernos ao día logo dun ano. as nosas vidas cambiaron. moito. contáronme que algúns xa están de resaca. outros aínda estamos esperando a que nos poñan o noso vermú na barra, comendo cacahuetes. a min póñame un mesturado, por favor!
  • July 19, 07:59 AM

    fluorescente

    1 adx Relativo ou pertencente á fluorescencia
    2 adx Que ten a propiedade da fluorescencia
    3 s m TECNOL => tubo fluorescente

    as camisolas, os zapatos, os pantalóns, os reloxos e os rapaces aínda non estamos no dicionario. que sorte teñen os tubos!
Upgrade Flash to view this site properly